Friday 03 de May de 2024

Máis de mil nenos de primaria asistiron no Auditorio de Riveira a catro concertos didácticos sobre instrumentos musicais


Máis de mil nenos participaron hoxe e onte en catro concertos didácticos promovidos pola Concellería de Educación e dirixidos a alumnos de primaria dos distintos centros educativos, que tiveron a oportunidade de coñecer os distintos instrumentos e as súas familias (vento, corda, percusión) por medio de melodías recoñecibles.

Estes recitais foron ofrecidos no Auditorio pola compañía Musieventos, que estableceron un percorrido pola historia da música dende os compositores clásicos máis recoñecibles como Bach, Mozart ou Beethoven ata chegar ao jazz e á música tradicional galega.